Da dor á paz

07 Dic 2009
Publicado por zait

Ás veces
a vida doe,
e caen bágoas
que fan choiva
que fan torrentes
que fan ríos
que fan mares
que fan océanos.

Ás veces
a vida doe,
como tamén un parto,
pero nai e fillo sorrín,
pero nai e fillo rin,
pero nai e fillo aléndanse,
pero nai e fillo comprácense,
pero nai e fillo reviven.

Non temades á dor,
que é o pregoeiro
da felicidade de mañá.
Igual que co parto,
toda dor dá paso
a un momento de paz.

Zaït, 7 de dezembro de 2009
A unha amiga que non quere chorar.

Etiquetas:

Pois este fíxome ler o

Pois este fíxome ler o seguinte e o outro, e o outro,... e sego a sentir a dor :(

O de despois deste especialmente triste.

(e segues sen activar o seguimento grrr)


Teño un agasallo para ti.

Teño un agasallo para ti. Abaixo de todo dos comentarios, tes un botón para seguimento RSS dos comentarios. E en http://zait.es/crss tes seguimento de todos os comentarios da web.


Graciñas Xa está activado

Graciñas
Xa está activado :)

biquiños ****


Xa tes tamén o seguimento por

Xa tes tamén o seguimento por correo